O Centro Gallego de Gijón foi constituido o 1 de xaneiro de 1.956, como Sociedad Cultural e Recreativa. Desde o seu nacemento, traballamos en prol da divulgación da cultura galega, desenvolvendo diversos actos no eido cultural. Unha das efemérides máis importante da nosa entidade foi a homenaxe que o noso centro rindeu a Rosalía de Castro, adicándoselle a construcción dun busto nunha das rúas da nosa cidade. Foi no ano 1991 e trátase dunha praca en bronce colocada polo noso centro na rúa Rosalía de Castro (Gijón) , obra do escultor Juan Zaratiegui.

A galeguidade foille concedida ao noso centro a través do Decreto 9/1991 do 11 de xaneiro. Hoxe en día forman parte da nosa entidade un total de 272 familias, das que 225 son galegas.

Na actualidade a nosa entidade conta cun local social duns 500 m en propiedade, integrado por: biblioteca, sala de xogos, sala de audiovisuais, sala de usos múltiples, escola de gaitas e bar-restaurante.